A intención fundamental
deste proxecto é a promoción e difusión da pesca en Arousa Norte a
través de pezas documentais e promocionais coa perspectiva humana
como telón de fondo.
A liña de estilo deste
proxecto está ligada á emoción, ao íntimo e ao persoal. O
obxectivo é que o visitante sinta interese por aproximarse ao
destino a través das historias de vida vinculadas á cultura
mariñeira. Por iso estes microrelatos son contados en primeira
persoa.
Os tres puntos clave para
a realización dos vídeos son:
As persoas
A contorna natural
A perspectiva
mariñeira
O ton a transmitir tiña
que estar unido á actitude do perfil dos nosos personaxes: xente
dinámica, interesante e apaixonada da súa vida e da súa actividade
cotiá.
Historias de vida e de
oficio, anécdotas, peculiaridades, posibilidades, perspectivas… a
partir da pesca como fío conductor, Alma do Mar Arousa Norte
pretende traspasar fronteiras a través da rede. Para iso, os vídeos
están subtitulados en castelán e en inglés, contando con que o
idioma orixinal na maioría dos casos é o galego. O vídeo
corporativo, ademáis, terá a súa versión en LSE (Lingua de Signos
Española).