A intención fundamental deste proxecto é a promoción e difusión da pesca en Arousa Norte a través de pezas documentais e promocionais coa perspectiva humana como telón de fondo.


A liña de estilo deste proxecto está ligada á emoción, ao íntimo e ao persoal. O obxectivo é que o visitante sinta interese por aproximarse ao destino a través das historias de vida vinculadas á cultura mariñeira. Por iso estes microrelatos son contados en primeira persoa.


Os tres puntos clave para a realización dos vídeos son:

  • As persoas

  • A contorna natural

  • A perspectiva mariñeira

O ton a transmitir tiña que estar unido á actitude do perfil dos nosos personaxes: xente dinámica, interesante e apaixonada da súa vida e da súa actividade cotiá.


Historias de vida e de oficio, anécdotas, peculiaridades, posibilidades, perspectivas… a partir da pesca como fío conductor, Alma do Mar Arousa Norte pretende traspasar fronteiras a través da rede. Para iso, os vídeos están subtitulados en castelán e en inglés, contando con que o idioma orixinal na maioría dos casos é o galego. O vídeo corporativo, ademáis, terá a súa versión en LSE (Lingua de Signos Española).






Leo e acepto a política de privacidade